viernes, 11 de abril de 2008

Videorreportaje de TVE 24h

Reportaje sobre el termalismo en Ourense del canal 24 horas de TVE.

Incluye una visita a las Termas de Chavasqueira.

Se puede descargar el video en el siguiente enlace: http://www.ganchitoladson.com/ourense/termasourenseWmedia.wmv

domingo, 6 de abril de 2008

Agua para los sentidos

Turgalicia informa en el folleto de la oferta termal de Galicia "Agua para los sentidos" de las Termas de Chavasqueira:

Na marxe dereita do Miño, a pasos escasos do centro de Ourense, o seu pequeno recinto ofrece a imaxe máis insólita de todo o termalismo galego: aos pés dunha réplica dun templo zen de arquitectura xaponesa, cunha construción de madeira ensamblada sen un sócravo, alíñanse entre o céspede os seus tres rotenburo ou piscinas xaponesas nas que bañarse en grupo e ao aire libre ata cando a choiva cae con forza.

Seguindo o ritual, imponse comezar pola de auga a 41 ºC para provocar despois un choque térmico mergullándose unsinstantes na poza de auga fría. O seguinte paso é o rotenburo a 40ºC e outra posterior ducha fría e, tras iso, un máximo de dez minutos na húmida terma romana ou Templarium para eliminar toxinas. Tras pasar de novo pola auga fría, haise que dirixirse ao ofuro, unha piscina interior a 39 ºC, para terminar o circuíto no último rotenburo.

As hamacas de repouso son perfectas, cando o tempo acompaña, para relaxarse ao sol, e ata se pode contratar alí mesmo unha masaxe.

Desde que abriu as súas portas, a Chavasqueira converteuse en todo un éxito, tanto polos seus módicos prezos como pola súa orixinalidade e os seus horarios, xa que abre ata as tres da madrugada as fins de semana.