miércoles, 19 de junio de 2013

jueves, 13 de junio de 2013

English Day Camp en Outariz

English Day Camp en Outariz, campamento de día en inglés
Campamento de día en inglés en Termas Outariz

Do 1 ao 15 de xullo de 2013, Saint James Institute e Termas Outariz organizan un campamento de día de inmersión lingüística en ingles para rapaces de 9 a 16 anos.

Horario: de 10 a 14 horas.
Lugar: Termas de Outariz


Actividades
Todas as actividades están orientadas a que os rapaces se divirtan e aprendan ao mesmo tempo pero sempre tendo en conta as súas idades e as súas inquedanzas.  Obradoiros de actividades lúdicas, plásticas, artísticas e musicais.

 Cultura termal
 Manga e cultura xaponesa
 Iniciación ao ioga
 Origami
 Ikebana
 Xogos de cooperación
 Xogos na auga
 Xogos comunicativos
 Experimentos divertidos
 Reciclaxe, consumo responsable
 Natureza e entorno
 Xogos tradicionais e típicos das distintas culturas que imos coñecer: americana, británica, xaponesa.

Metodoloxía
Non hai libros nin libretas. Falamos, falamos e falamos e inglés.

Os nosos campamentos están especialmente deseñados para que os nenos e mozos con distintos niveles de inglés aprendan e melloren o seu nivel de fala en inglés.

A metodoloxía nos campamentos Saint James Institute é integradora, participativa e sobre todo, comunicativa.  O labor dos nosos monitores e profesores é a de crear un entorno e necesidade para que os nenos e mozos teñan unha motivación real para falar en inglés.

A inmersión cultural é a clave para o éxito destes campamentos.

Este campamento nace coa idea de involucrar a nenos e mozos noutras culturas a través dunha lingua que as une a todas.

Sabemos que o millor xeito de aprender ingles é dun xeito natural e divertido.
Os nosos campamentos combinan actividades interesantes  para que os rapaces disfruten e ao mesmo tempo aprendan.

Contamos con máis de 5 anos de experiencia facendo campamentos de inglés residenciales e urbanos en toda Galicia.

Máis de 3.000 rapaces de todas as idades nos avalan.

Os nosos campamentos son totalmente en inglés.

Creados e diseñados por SAINT JAMES INSTITUTE e con monitores e profesorado nativos en lingua inglesa. Garantía e experiencia:
15 Anos ensinando a falar inglés
Máis de 5 anos facendo campamentos en inglés
Membros de ACA (Asociación Americana de Campamentos)
Atención personalizada antes, durante e despois do campamento
Número de emerxencias as 24 horas
Seguro médico e de responsabilidade civil a nome de cada participante incluído.


Prezo: as inscricións antes do 14 de xuño teñen desconto: 200,00 euros, a partir dese momento, 250,00 euros.

Inscrición on line neste formulario

Saint James Institute S.L. 
CIF: B15690274
Pérez Constanti, 5 Bxo. 15702 Santiago de Compostela T. +34 981 554 609 
Web: www.saintjamesinstitute.com  e-mail: info@saintjamesinstitute.com