Campamento de día en inglés en Termas Outariz
Do 1 ao 15 de xullo de 2013, Saint James Institute e Termas Outariz organizan un campamento de día de inmersión lingüística en ingles para rapaces de 9 a 16 anos.
Horario: de 10 a 14 horas.
Lugar: Termas de Outariz
Actividades
Todas as actividades están orientadas a que os rapaces se divirtan e aprendan ao mesmo tempo pero sempre tendo en conta as súas idades e as súas inquedanzas. Obradoiros de actividades lúdicas, plásticas, artísticas e musicais.
• Cultura termal
• Manga e cultura xaponesa
• Iniciación ao ioga
• Origami
• Ikebana
• Xogos de cooperación
• Xogos na auga
• Xogos comunicativos
• Experimentos divertidos
• Reciclaxe, consumo responsable
• Natureza e entorno
• Xogos tradicionais e típicos das distintas culturas que imos coñecer: americana, británica, xaponesa.
Metodoloxía
Non hai libros nin libretas. Falamos, falamos e falamos e inglés.
Os nosos campamentos están especialmente deseñados para que os nenos e mozos con distintos niveles de inglés aprendan e melloren o seu nivel de fala en inglés.
A metodoloxía nos campamentos Saint James Institute é integradora, participativa e sobre todo, comunicativa. O labor dos nosos monitores e profesores é a de crear un entorno e necesidade para que os nenos e mozos teñan unha motivación real para falar en inglés.
A inmersión cultural é a clave para o éxito destes campamentos.
Este campamento nace coa idea de involucrar a nenos e mozos noutras culturas a través dunha lingua que as une a todas.
Sabemos que o millor xeito de aprender ingles é dun xeito natural e divertido.
Os nosos campamentos combinan actividades interesantes para que os rapaces disfruten e ao mesmo tempo aprendan.
Contamos con máis de 5 anos de experiencia facendo campamentos de inglés residenciales e urbanos en toda Galicia.
Máis de 3.000 rapaces de todas as idades nos avalan.
Os nosos campamentos son totalmente en inglés.
Creados e diseñados por SAINT JAMES INSTITUTE e con monitores e profesorado nativos en lingua inglesa. Garantía e experiencia:
• 15 Anos ensinando a falar inglés
• Máis de 5 anos facendo campamentos en inglés
• Membros de ACA (Asociación Americana de Campamentos)
• Atención personalizada antes, durante e despois do campamento
• Número de emerxencias as 24 horas
• Seguro médico e de responsabilidade civil a nome de cada participante incluído.
Prezo: as inscricións antes do 14 de xuño teñen desconto: 200,00 euros, a partir dese momento, 250,00 euros.
Inscrición on line neste formulario
Saint James Institute S.L.
CIF: B15690274
Pérez Constanti, 5 Bxo. 15702 Santiago de Compostela T. +34 981 554 609
Web: www.saintjamesinstitute.com e-mail: info@saintjamesinstitute.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario